Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pastor, Pastora
Nome cristián
Pronuncia
Pastor:
Pastora:
Etimoloxía e historia
Do latín pastor 'pastor, pegureiro', de pastus 'pasto, pasteiro', derivado de pastum, participio de pasco 'apacentar, pacer'.
Motivación
É un nome evocador de Xesucristo, xa que pastor é un dos títulos que se lle dá nos evanxeos e unha das primeiras formas en que se representa iconograficamente. En feminino denomina unha advocación mariana: a Divina Pastora.
Por outra parte, san Pastor foi un mártir que morreu decapitado xunto co seu irmán san Xusto durante a persecución de Diocleciano (303-304). É un dos santos máis antigos no culto hispánico.
Chamáronse así
O escritor e político Nicomedes Pastor Díaz Corbelle (Viveiro 1811 - Madrid 1863), precursor do Rexurdimento literario galego.
Pastora Dominga González Vieites (1948-2019), activista galega a favor da abolición dos cárceres. Nai do histórico preso anarquista Xosé Tarrío, impulsou o colectivo de apoio ás persoas presas Nais contra a impunidade.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Pastor | Pastora |
Español | Pastor | Pastora |
Éuscaro | Unañe | |
Unai | Unaisa | |
Portugués | Pastor | Pastora |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]