Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pascual, Pascuala
Nome cristián
Pronuncia
Pascual:
Hipocorísticos
Femininos Piruca
Etimoloxía e historia
Do latín Paschalis, adxectivo derivado do grego Páskha, que é adaptación do termo hebreo pesaj, que significa 'coxear' e se relaciona con remotísimas cerimonias equinocciais en que se choraba a divindade morta no inverno e se exaltaba a súa resurrección na primavera. Por etimoloxía popular pesaj interpretouse como 'pasaxe', en relación coa pasaxe do anxo exterminador en Exipto e a pasaxe do mar Vermello. A solemnidade instituída por Moisés —a Pascua xudía— convértese no cristianismo na festa da resurrección de Cristo e Pascual é chamado o varón nado no día da festa pascual (como Nadal ou Natalia os nados no 25 de decembro).
Motivación
San Pascual Bailón (1540-1592) foi un franciscano aragonés, pegureiro na súa mocidade, que levou unha vida moi humilde. É patrón dos pastores e dos cociñeiros.
A primeira novela da escritora Emilia Pardo Bazán titulouse Pascual López (1879), e a de maior éxito de Camilo José Cela foi La familia de Pascual Duarte (1942).
Chamáronse así
O músico mindoniense Pascual Veiga (1842-1906), famoso pola Alborada que leva o seu nome e por ser o autor da música ao poema Os Pinos, de Eduardo Pondal, que se convertería no himno galego.
Pascual Madoz (1806-1870), político español coñecido polo monumental Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de 16 tomos, que promoveu e que leva o seu nome, e tamén pola lei de desamortización xeral que decretou en 1855.
Levouno, como apelido, o filósofo francés Blaise Pascal (1623-1662).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Paschalis | |
Bretón | Paskal | Paskela |
Catalán | Pasqual | |
Español | Pascual | Pascuala |
Éuscaro | Paskoal | Paskoala |
Paskal | Paskala | |
Bazkoare | Bazkoara | |
Francés | Pascal | Pascale |
Inglés | Pascoe | |
Italiano | Pasquale | |
Portugués | Pascoal | |
Romanés | Pascal |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pascual
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]