Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pancracio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do grego Pankrátios 'todopoderoso', de pán 'todo' e krátos 'forza', 'poder', elemento este que aparece en nomes como Hipócrates, Polícrates, Sócrates ou en demócrata.
Motivación
San Pancracio, orfo de pais, foi da Frixia a Roma, onde o papa Cornelio o convertería ao cristianismo. Sufriría martirio na persecución de Diocleciano (303-304).
É un dos protagonistas da novela Fabiola ou a Igrexa das catacumbas (1854), do cardeal inglés Nicholas Wiseman. Invocábase antigamente contra os falsos testemuños, e na actualidade para atopar traballo ou para conservalo.
Chamáronse así
Dr. Pancrácio é un dos protoheterónimos do escritor portugués Fernando Pessoa, que empregou na súa mocidade como contacontos, poeta e creador de charadas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Pankratius | |
Catalán | Pancraç | |
Español | Pancracio | |
Éuscaro | Pankrazio | |
Francés | Pancrace | |
Italiano | Pancrazio | |
Portugués | Pancrácio | |
Romanés | Pancratie | |
Ruso | Pancratii |
Antes e despois de Pancracio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]