Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Palmira
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Palmira:
Hipocorísticos
Femininos Paliña
Etimoloxía e historia
Palmira é o nome dunha cidade do deserto árabe-sirio, fortificada por Salomón, equivalente ao hebreo Tadmor.
Motivación
A cidade de Palmira, capital dos nabateos, sufriu as primeiras destrucións nos ataques dos romanos en 272 e 273, durante o reinado de Zenobia. Volvería ser destruída polos musulmáns en 634 e por un terremoto en 1089.
A frase “esta é a ruína de Palmira!” vénse repetindo desde tempos inmemoriais como sinónimo de destrución que causa abraio, ou cando algo non ten amaño posible.
O escritor e filósofo francés François Chasseboeuf, conde de Volney, publicou en 1791 As ruínas de Palmira ou Meditacións sobre as revolucións dos imperios, obra en que proclama un ateísmo tolerante, a liberdade e a igualdade, polo cal foi posta no índice de libros prohibidos pola Igrexa católica.
Chamáronse así
Palmira Jaquetti i Isant (1895-1963), folclorista, poeta, empresaria, compositora, musicóloga, etnóloga e escritora catalá.
Palmira González Boullosa (1941-2017), natural de Vigo, mestra e escritora en galego; Premio Merlín 1987.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Palmira | |
Español | Palmira | |
Francés | Palmyre | |
Italiano | Palmira | |
Portugués | Palmira |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Palmira
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]