Este nome non se encontra na guía.
masculino
Nome cristián
Véxase Orencio
No latín houbo un nome Orientius 'oriental', 'procedente do leste' (punto por onde nace o Sol), derivado do verbo oriri 'nacer, xurdir'. Unha variante moi próxima deste nome debeu de ser na Galia *Oriens (ac. Orientem). Do primeiro deriva Orencio e do segundo, Orente, sobre o que se formou un derivado Orentino. Este nome sufriu, posiblemente xa antes de chegar a Galicia, unha monotongación (Oriente > Orente). A forma Ourente coexiste en Galicia coa etimolóxica, quizais por relacionalo equivocadamente coa palabra ouro.
Santo Ourente (séc. IV), escritor eclesiástico, foi bispo de Auch (Francia).
En Galicia é titular dunha única parroquia, a de Santo Ourente de Entíns, no concello de Outes, na cal se venera tamén a san Campio.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]