Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Osvaldo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Osvaldo:
Etimoloxía e historia
Do nome anglosaxón Oswald, de orixe xermánica, composto probablemente por Ans, nome dun semideus gótico, e waldan ‘gobernar’.
Motivación
Santo Osvaldo (c. 604-641), rei de Nortumbria (norte de Inglaterra), foi un rei anglosaxón que favoreceu a expansión do cristianismo en Inglaterra. A súa historia está mesturada con lendas da mitoloxía xermánica; nunha delas reencarna en ambiente cristián o deus xermánico Wotan, o chamado deus do corvo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Oswald | |
Catalán | Osvald | |
Español | Osvaldo | |
Francés | Osvald | |
Inglés | Oswald | |
Italiano | Osvaldo | |
Portugués | Osvaldo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]