Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Osorio
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
De orixe discutida, podería ser de orixe prerromana ou ter algunha relación co latín ursus ‘oso’.
Motivación
Este nome tivo moita difusión na Idade Media en Galicia. Un dos que o levaron foi Osorio Gutérrez (século X), guerreiro e monxe chamado polo pobo o Conde Santo. Era fillo do conde Goterre Osórez e de Florencia Méndez, tía de san Rosendo. Tras loitar contra os mouros volveu ás terras de Mondoñedo, onde tiña propiedades, e fundou o mosteiro de Vilanova de Lourenzá (ano 969), onde residiu ata a súa morte.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Osóri | |
Español | Osório | |
Portugués | Osório |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]