Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ovidio
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Ovidio:
Hipocorísticos
Másculinos Vidio, Vidiño
Etimoloxía e historia
Do nome e xentilicio latino Ovidius 'pegureiro, pastor de ovellas', derivado do tamén xentilicio e nome Ovius, que á súa vez procede do nome común latino ovis 'ovella'.
Motivación
Publio Ovidio Nasón (43 a. C.-17 d. C.) foi un poeta latino, considerado unha das grandes figuras da literatura universal. No ano 8 d. C. foi acusado de inmoralidade pola publicación da súa Ars Amandi (‘Arte de amar’) e o emperador Augusto desterrouno á costa do mar Negro, da que nunca regresaría.
Fálase tamén dun santo catacumbal romano dese nome; as súas reliquias foron trasladadas por un conde francés en 1665 á igrexa do convento dos capuchinos de París, onde estiveron ata que se derrubou o templo en 1806. En Francia invocábase este santo contra os males dos ouvidos, ao asociarse o seu nome co verbo latino audire ‘ouvir’; tamén se dá esta invocación en Portugal nun santo Ovidio que ao parecer foi o terceiro bispo de Braga.
Chamáronse así
O pintor romántico Ovidio Murguía Castro (1871-1900), fillo de Manuel Murguía e de Rosalía de Castro e membro da chamada Xeración Dorida de pintores, pois os seus integrantes morreron moi novos e case a un tempo no derradeiro terzo do século XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ovidius | |
Catalán | Ovidi | |
Español | Ovidio | |
Francés | Ovide | |
Inglés | Ovid | |
Italiano | Ovidio | |
Portugués | Ovídio | |
Romanés | Ovidiu |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]