Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pamela
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome creado polo poeta inglés Philip Sidney no seu poema Arcadia (1590). Interpretouse como un composto formado a partir dos termos gregos pán 'todo' e méli 'mel'; ou tamén como derivado de mélos 'canto' ou de mélas 'negro, escuro'.
Motivación
A súa popularidade veu dada nos países de fala inglesa pola literatura: así se chamaba a protagonista da novela Pamela ou a virtude recompensada de Samuel Richardson (1741), e de dúas comedias de Carlo Goldoni, Pamela núbil (1750) e Pamela casada (1750).
Chamáronse así
Pamela Lyndon Travers (1899-1996), pseudónimo de Helen Lyndon Goff, escritora australiano-británica coñecida pola serie de libros Mary Poppins.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Pamela | |
Español | Pamela | |
Francés | Pamela | |
Inglés | Pamela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Pamela
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]