Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pandora
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Pandṓra, de pán 'todo' e dṓron 'don': 'a que ten todos os dons'.
Motivación
Segundo a mitoloxía grecolatina, Pandora foi a primeira muller. No principio dos tempos, todo era paz e felicidade entre os homes. Zeus encargoulle a Hefesto que fabricase unha muller de barro á imaxe das deusas. Atenea vestiuna e as Grazas enxoiárona. Epimeteo casou con ela e Zeus deulle un regalo secreto nunha caixa, que un día Pandora decidiu abrir, a pesar de que o tiña prohibido, para saber o seu contido. Cando Pandora ergueu a tampa da caixa misteriosa espalláronse polo mundo todas as pragas e males que alí estaban encerrados. O mito ten evidentes paralelismos co bíblico do paraíso e o pecado orixinal de Eva.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Pandora | |
Español | Pandora | |
Éuscaro | Pandora | |
Italiano | Pandora | |
Portugués | Pandora |
Antes e despois de Pandora
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]