Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Paula, Paulo
Nome cristián
Pronuncia
Paula:
Paulo:
Variantes
Masculinas Paulos
Etimoloxía e historia
Motivación
San Paulo (século I) era xudeu, naceu en Tarso e naturalizouse romano. Recibiu na circuncisión o nome de Saúl (‘desexado’), que levara o primeiro rei de Israel. No primeiro período da súa vida foi un fariseo radical encarnizado perseguidor dos cristiáns; mesmo participou ou estivo presente na lapidación de santo Estevo. Non obstante, cambiaría totalmente coa famosa “caída do cabalo” no camiño de Damasco e pasaría de ser perseguidor a propagador do cristianismo. Adoptou o nome de Paulo (‘pequeno’) e dedicou toda a súa vida a levar a doutrina cristiá por cidades do Imperio romano: pola súa apertura á prédica do Evanxeo aos non xudeus —ao contrario de san Pedro— foi considerado o segundo fundador do cristianismo e chamado o Apóstolo dos Xentís.
Paula é unha personaxe do drama A fonte do xuramento de Francisco María de la Iglesia.
Chamáronse así
O escritor galaicorromano dos séculos IV-V Paulo Orosio, e, en tempos máis recentes, pintores como o italiano Paolo Veronese (1528-1588), os franceses Paul Gauguin (1894-1903) e Paul Cézanne (1839-1906), o alemán Paul Klee (1879-1940) e o español Pablo R. Picasso (1881-1973); escritores como o francés Paul Verlaine (1844-1896) e o chileno Pablo Neruda, pseudónimo de Neftalí Reyes Basoalto (1904-1973), Premio Nobel de Literatura de 1971; actores como Paul Newman (1925-2008); músicos como o catalán Pau Casals (1876-1973). O ferrolán Pablo Iglesias Posse (1850-1925) foi o fundador do PSOE (1879) e do sindicato UGT (1888).
Paula Hertwig (1889-1983), bióloga e política alemá. A súa investigación centrouse nos efectos da radiación na saúde.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Paulus | |
Catalán | Pau | Paula |
Español | Pablo | Paula |
Éuscaro | Paul | Paule |
Paulo | Paula | |
Francés | Paul | Paule |
Húngaro | Pál | |
Inglés | Paul | Paula |
Italiano | Paolo | Paola |
Portugués | Paulo | Paula |
Romanés | Pavel | |
Paul | ||
Ruso | Pavel |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]