Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Peregrino, Peregrina
Nome cristián
Pronuncia
Peregrino:
Peregrina:
Etimoloxía e historia
Do latín Peregrinus 'peregrino, estraño, estranxeiro', derivado de peregre 'fóra da cidade, no campo, no estranxeiro', composto de per 'por, a través de', e de ager 'campo'. Peregrino é o que vai errante polos campos.
Motivación
Na Idade Media, peregrinos eran os que viñan a Compostela gañar o xubileu, porque os que ían a Roma eran romeiros e os que ían a Xerusalén palmeiros.
A forma Peregrina é unha advocación da Virxe, que foi andando por un dos camiños a Compostela á tumba do Apóstolo. É un nome moi común en Pontevedra, pois é patroa desta cidade, onde ten dedicado un templo con planta en forma de vieira (o Refuxio da Divina Peregrina), ergueito onde antes houbera unha igrexa da Virxe do Camiño.
San Peregrino (1265-1345) foi un relixioso da orde dos Servos de María natural de Forlí (Italia).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Peregrin | |
Peregrinus | ||
Catalán | Peregrí | |
Español | Pelegrín | |
Peregrino | Peregrina | |
Francés | Pélerin | |
Inglés | Perry (hip.) | |
Peregrine | ||
Italiano | Peregrino | |
Pellegrino | ||
Portugués | Peregrino | Peregrina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Peregrino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]