Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Petronio
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do latín Petronius, da gens Petronia, familia plebea en Roma. Talvez proceda dun antigo topónimo que significaba 'pedregal, pedreira' e polo tanto relacionado con petra 'pedra'.
Motivación
Levou este nome un famoso escritor romano do século I, autor do Satiricon, primeira novela latina. Suponse que se trata dun Petronio a quen Tácito describe como “árbitro da elegancia”, disoluto e vividor, que se suicidou no ano 66 por orde de Nerón. Neste libro inclúese o relato da Viúva de Éfeso (viúva de loito pasaxeiro), que é un conto popular moi coñecido, do cal hai unha versión galega escrita por Rosalía de Castro: “Contos da miña terra”.
Houbo tamén un santo con este nome, do século V, bispo de Verona.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Petronius | |
Catalán | Petroni | |
Español | Petronio | |
Éuscaro | Petronio | |
Francés | Petrone | |
Inglés | Petronius | |
Italiano | Petronio | |
Portugués | Petrónio | |
Romanés | Petroniu |
Antes e despois de Petronio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]