Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Quirino
masculino
Nome cristián
Véxase Ciríaco
Etimoloxía e historia
Do latín Quirinus, unha das máis antigas deidades romanas, de orixe sabina, en principio deus protector dos campesiños e despois considerado un deus guerreiro. Forma tríade con Xúpiter e Marte, e foi identificado con Rómulo; deulle nome a un dos sete outeiros de Roma, o Quirinal, que hoxe é sede da presidencia da República. Outros relacionan este nome con quiris ou curis, palabra sabina para a lanza, e mesmo co grego Kyrios ‘señor’.
Motivación
Houbo dous santos con este nome: san Quirino de Neuss (século II), oficial romano, mártir que recibe culto nesta cidade alemá da Renania, e san Quirino de Tegernsee (século III), orixinario da Iliria, mártir en Roma.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Quirin | |
Quirinus | ||
Catalán | Quirí | |
Español | Quirino | |
Éuscaro | Kirino | |
Francés | Quirin | |
Italiano | Quirino | |
Portugués | Quirino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Quirino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]