Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Quiteria
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtibero ou do grego Kythéreia, en latín Cytherea 'da illa de Citera', epíteto de Afrodita e Venus. A deusa, despois de nacer da escuma do mar, foi levada polos Céfiros a Chipre e de camiño pararon nesta illa.
Motivación
Santa Quiteria (século II?) é, como santa Mariña ou santa Eufemia, outra das míticas santas galegas ou, polo menos, moi galeguizadas. En Portugal considérana unha princesa galega, pero tampouco desbotan que nacese en Coímbra. Segundo a tradición, foi decapitada polo propio pai. A devoción portuguesa di que despois da decapitación colleu a cabeza no mandil e se puxo a camiñar. Esta santa cefalófora ten culto en Coímbra e nas Landas da Gascuña francesa.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Quiteria | |
Catalán | Quitèria | |
Español | Quiteria | |
Éuscaro | Kiteria | |
Francés | Quitterie | |
Portugués | Quitéria |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Quiteria
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]