Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ciríaco
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Cyriacus, adaptación do grego Kyriakós 'do Señor', derivado de kýrios (como tamén Cirilo).
Motivación
San Ciríaco de Xerusalén é un santo lendario que aparece citado por vez primeira por san Gregorio de Tours. Era un xudeu chamado Xudas e, segundo o relato lendario, foi el quen lle indicou a santa Helena onde estaban soterradas as tres cruces do Gólgota. Coa súa conversión ao cristianismo tamén cambiou o nome.
San Ciríaco de Roma, ordenado diácono polo papa Marcelo por volta do ano 300, tiña sona de exorcista e, segundo a lenda, botoulle o demo fóra do corpo a unha filla de Diocleciano. Aínda así, foi martirizado na persecución decretada por este emperador.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Cyriacus | |
| Catalán | Ciríac | |
| Español | Ciríaco | |
| Francés | Ciryaque | |
| Inglés | Chiriac | |
| Cyriack | ||
| Italiano | Ciriaco | |
| Portugués | Ciríaco | |
| Ruso | Kiriac | |
| Kira | ||
| Kir |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




