Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ciro
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do grego Kŷros a través do latino Cyrus, adaptacións do nome persa antigo Kuras ou Kuris, de significado ignoto.
Motivación
Ciro II o Grande (559-530 a. C.), fundador do Imperio persa, foi o máis famoso dos emperadores da dinastía aqueménida. No ano 550 a. C. conquista o territorio dos medos e afianza a súa hexemonía sobre todo o Irán. Pasou á historia por ser clemente cos vencidos, fronte á crueldade dos asirios e doutros pobos imperialistas da antigüidade. Permitiu que todos os estranxeiros reféns de nacións vencidas polos medos regresasen aos seus respectivos países. Na Biblia cóntase que a entrada de Ciro en Babilonia foi unha liberación para os xudeus deportados; considerárono un mesías, pois grazas a el puideron regresar libres a Xerusalén.
Houbo tamén un san Ciro de Tarso, do século III, e tamén outros santos así chamados en Francia, onde existen localidades denominadas Saint-Cyr.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kyrus | |
Cyrus | ||
Catalán | Cirus | |
Español | Ciro | |
Éuscaro | Ziro | |
Francés | Cyrus | |
Inglés | Cyrus | |
Italiano | Ciro | |
Portugués | Ciro |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]