Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cirilo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Cyrillus, e este do grego Kýrillos, nome persoal testemuñado só en época cristiá, que significa 'divino; do Señor'. Deriva da voz grega kýrios 'señor, patrón', que na época cristiá pasou a designar a Deus (coma Ciríaco).
Motivación
San Cirilo de Alexandría (c. 376-444), bispo e patriarca desta cidade, está considerado desde o século XIX un dos padres da Igrexa oriental. Foi o principal instigador dun grupo de fanáticos cristiáns que entraron na Biblioteca de Alexandría, o templo do saber da antigüidade, e a destruíron por completo, queimando os seus libros e papiros. Ata daquela, Alexandría era unha cidade tolerante na cal convivían cristiáns, xudeus, pagáns e mesmo xente descrida, como parece que era o caso da filósofa e sabia Hipatia.
San Cirilo o Filósofo ou Constantino Cirilo (827-869), apóstolo dos eslavos, nacera en Tesalónica (Grecia), como o seu irmán Metodio. Os dous fixeron a súa prédica en idioma eslavo, que era o que falaban os pobos desa etnia, e crearon o alfabeto desas linguas ágrafas, que na honra deste santo se denomina alfabeto cirílico.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kyrill | |
Catalán | Ciril | |
Español | Cirilo | |
Éuscaro | Zirilo | |
Francés | Cyrille | |
Inglés | Cyril | |
Italiano | Cirillo | |
Portugués | Cirilo | |
Romanés | Chiril |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]