Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Clara
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Clara:
Etimoloxía e historia
Do latín clara 'brillante, famosa', referido primeiro ao son, logo ás sensacións visuais e finalmente a 'ilustre, famoso'. Deste último significado é de onde parte o nome persoal, en principio como cognome, usado xa como nome feminino desde os primeiros séculos da era cristiá.
Motivación
Santa Clara (1193-1243) foi unha das primeiras seguidoras de san Francisco, de quen era amiga. Con 18 anos marchou da casa paterna, repartiu os seus bens entre os pobres e xuntouse co de Asís na capela da Porciúncula. Fundou a Orde das Clarisas. Polo seu nome é avogosa das doenzas da vista.
Na literatura, Clara é personaxe do drama Egmont (1787) de Goethe, d'O mentireiro (1643) de Corneille e da Nova Eloísa (1761) de Rousseau, e Clara Aldán, a protagonista da novela de Torrente Ballester Los gozos y las sombras.
Chamáronse así
Clara Corral Aller (Ourense 1847-1908) foi a segunda muller con obra publicada en galego na historia da nosa literatura. En 1906 figura na listaxe de correspondentes da primeira nómina da Real Academia Galega.
A madrileña Carmen Eulalia Campoamor (1888-1972), coñecida como Clara Campoamor, avogada, escritora e política. Foi unha das dúas únicas deputadas nas eleccións de 1931 da II República (a outra, Victoria Kent) e converteuse na principal impulsora do sufraxio feminino en España, que se exerceu por primeira vez nas eleccións de 1933. A raíz do golpe de Estado militar de 1936 tivo que se exiliar.
Clara Schumann, pianista e compositora alemá (1819-1896).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Claire | |
Klara | ||
Bretón | Klaraig | |
Klara | ||
Catalán | Clara | |
Español | Clara | |
Éuscaro | Klara | |
Argiñe | ||
Argia | ||
Francés | Claire | |
Inglés | Clare | |
Clara | ||
Italiano | Chiara | |
Portugués | Clara | |
Romanés | Clara | |
Ruso | Klarissza | |
Klara |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]