Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Clemente, Clementina
Nome cristián
Pronuncia
Clemente:
Clementina:
Variantes
Etimoloxía e historia
O cognome romano Clemens (ac. Clementem) difundiuse na época cristiá e foi portado por papas, santos e mártires. O nome actual vén dunha variante Clementium. Na toponimia galega figuran tamén as variantes San Cremenzo de Pazos (parroquia de Zas) e San Crimenzo (lugar no Ézaro, Dumbría).
Motivación
San Clemente foi un dos primeiros papas (92-101). De orixe xudía, a tradición di que foi san Pedro quen o converteu ao cristianismo. O emperador Traxano deportouno ao Quersoneso (Crimea) e condenouno a traballos forzados. É un dos santos máis antigos no culto hispánico (século VIII).
Houbo un total de catorce papas con este nome; o último, Clemente XIV (de 1769 a 1775).
A igrexa de Sant Climent de Taül, no Pireneo catalán, é un referente do primitivo románico peninsular, especialmente polas súas pinturas murais.
Chamáronse así
Klemens von Metternich ‘o príncipe de Metternich’ (1773-1858), político austríaco de orixe alemá que encabezou a internacional absolutista en Europa tras a derrota de Napoleón en Waterloo (1815). Foi un nome de estirpe na súa familia, pois impúxollo, de primeiro ou de segundo, a cinco fillos e a dúas fillas.
Clemente Antonio Fernández Sarela (1716-1765), arquitecto barroco compostelán, autor de obras como a Casa do Cabido (1758) da praza das Praterías de Santiago.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Klemens | |
Catalán | Clement | |
Español | Clemente | |
Éuscaro | Kelmen | |
Klemente | ||
Francés | Clément | |
Inglés | Clement | |
Italiano | Clemente | |
Portugués | Clemente | |
Romanés | Clement |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Clemente
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]