Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Comba
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Comba:
Véxase Pomba
Etimoloxía e historia
Do haxiotopónimo Santa Comba, presente en bastantes parroquias galegas pola gran difusión que tivo o seu culto a partir do século X. Procede do latín columba 'pomba', animal sagrado de Venus. Esta ave é o símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo.
Motivación
As biografías de santa Comba de Sens (Francia) afirman que era unha doncela nacida na Gallaecia contra o ano 257 e que fuxira á Galia polas persecucións do emperador Aureliano. Feita prisioneira, un dos gardas intentou violala, pero un oso do anfiteatro atacou o garda e rescatouna. Finalmente foi decapitada en Meaux.
En Galicia esta santa ten un culto ancestral (lémbrese a igrexa sueva de Santa Comba de Bande, século VII, na Baixa Limia). Unha lenda asegura que fora unha meiga conversa; o seu culto aparece unhas veces unido ao doutro exmeigo, san Cibrán, e outras ao de san Silvestre.
Santa Comba de Córdoba (século IX) foi abadesa do mosteiro de Tábanos (Andalucía). No ano 853 os musulmáns atacaron este mosteiro, degolaron as monxas e tiraron os seus corpos ao Guadalquivir.
Chamáronse así
A novela Colomba (1840), do escritor francés Prosper Mérimée, ambientada na illa de Córsega. A protagonista é unha moza feroz gardiá da honra da familia e dos ancestrais costumes corsos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Bretón | Koulmig | |
Koulm | ||
Catalán | Coloma | |
Español | Columba | |
Coloma | ||
Francés | Colombe | |
Portugués | Columba | |
Comba |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Comba
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]