Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Conrado
masculino
Etimoloxía e historia
Do latín Conradus ou Chonradus, adaptación do antigo alemán Chuonrat, Chonrad, Kuonrad, nome persoal xermánico composto de kuoni 'audaz, afouto' e rad, rat 'consello'.
Motivación
Foi un nome de gran prestixio na Idade Media por leváreno varios emperadores xermanos dos séculos X ao XIII. Tamén o tiveron varios santos medievais: san Conrado de Urach (século XII), monxe cisterciense; san Conrado de Piacenza (1290-1351); san Conrado de Constanza, bispo desta cidade alemá (século X).
Chamáronse así
Johann Conrad Gessner (1516-1565), naturalista suízo, pai da zooloxía moderna.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Konrad | |
Conrad | ||
Catalán | Conrad | |
Español | Conrado | |
Éuscaro | Konrado | |
Francés | Conrad | |
Inglés | Conrad | |
Italiano | Corrado | |
Portugués | Conrado |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Conrado
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]