Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Constantino, Constantina
Personaxe histórico
Pronuncia
Constantino:
Constantina:
Hipocorísticos
Másculinos Tatino, Tino
Femininos Tina
Etimoloxía e historia
Do latín Constantinus, e este derivado do cognome romano Constans Constantis 'constante, perseverante'.
Motivación
Constantino o Grande (274-337), emperador de Roma, foi fillo do tamén emperador Constancio e da futura santa Helena. No 312 vence o seu rival Maxencio na batalla da ponte Milvia, sobre o río Tíber, e faise dono absoluto das provincias occidentais do Imperio. No ano 313 promulgou o Edicto de Milán, polo que se autorizaba o exercicio público do culto cristián. Con este edicto o cristianismo deixa de ser unha seita perseguida e pasa a asociarse ao poder. Mentres Roma incluíu o emperador Constantino entre os deuses, a Igrexa grega —malia que agardase a estar ás portas da morte para se bautizar— venerábao como un santo. A Igrexa latina non chegou a canonizalo, pero si a beatificalo. No ano 330 a cidade de Bizancio tomou o nome de Constantinopla na súa honra.
Ata trece emperadores de Oriente levaron este nome.
Chamáronse así
O pintor Constantino Grandío ‘Tino Grandío’ (1924-1977) e o filólogo asturiano Constantino García (1927-2008), creador do Instituto da Lingua Galega (ILGa) na Universidade de Santiago e académico da Real Academia Galega.
É un nome moi corrente entre os gregos, entre eles levouno o poeta Konstantinos Kavafis (1863-1933), autor do famoso poema Ítaca.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Konstantin | |
Catalán | Constantí | |
Español | Constantino | Constantina |
Éuscaro | Konstantino | |
Francés | Constantin | |
Inglés | Constantine | |
Italiano | Constantino | |
Portugués | Constantino | Constantina |
Romanés | Constantin | |
Ruso | Konstantin | Konstantina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Constantino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]