Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cornelio, Cornelia
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do latín Cornelius, derivado de cornu 'corno', símbolo da abundancia na antigüidade e co poder máxico de afastar os males, nome da familia romana Cornelia.
Motivación
Á familia Cornelia romana pertencían os Escipións, políticos e militares da época da república: Publio Cornelio Escipión o Africano (235-183 a. C.) venceu a Haníbal en Zama (202 a. C.) e Publio Cornelio Escipión Emiliano (185-129 a. C.) destruíu Numancia en Hispania.
Cornelia (c. 189-c. 110 a. C.) era filla de Escipión o Africano e nai dos Gracos, dirixentes do partido da plebe romana. Outra Cornelia (97 a. C. - 68 a. C.) foi a primeira esposa de Xulio César.
San Cornelio foi o único papa con este nome (251-253). Hai outro san Cornelio na Bretaña francesa; segundo unha lenda bretoa, as longas ringleiras de menhires dos famosos aliñamentos de Karnag son soldados romanos petrificados polo santo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kornelius | Kornelia |
Catalán | Corneli | Cornèlia |
Español | Cornelio | Cornelia |
Éuscaro | Kornelio | Kornelia |
Francés | Corneille | |
Inglés | Cornelius | |
Italiano | Cornelio | Cornelio |
Portugués | Cornélio | Cornélia |
Romanés | Corneliu | Cornelia |
Ruso | Kornelii | Kornelia |
Antes e despois de Cornelio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]