Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cosmede
masculino
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín eclesiástico Cosmas, desde o grego Kosmâs, derivado de kósmos 'orde'. A variante Cosmade é antiga e de difícil explicación etimolóxica.
Motivación
San Cosmede e san Damián (séculos III-IV) foron dous mártires sirios, médicos de profesión, que sandaban desinteresadamente e facían curacións milagrosas. Son dos santos máis antigos do culto hispánico (século VII). Convertidos en patróns dos médicos, tense dito que o culto a estes santos xemelgos cumpriu a misión de cristianizar o culto pagán anterior dos dióscuros grecolatinos, Castor e Pólux (véxase Castor).
Chamáronse así
Cosimo de Medici (1389-1464), político e banqueiro de Florencia, fundador da dinastía dos Medici e mecenas de artistas. Un dos seus descendentes, Cosimo III de Medici, visitou Galicia en 1669; no seu séquito ía o pintor Pier Maria Baldi, que debuxou vistas panorámicas das cidades e vilas polas que pasaba: Tui, Redondela, Pontevedra, Padrón, Santiago, A Coruña etc.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Cosmas | Cosima |
Kosmas | ||
Catalán | Cosma | |
Cosme | ||
Español | Cosme | |
Éuscaro | Kosme | |
Francés | Côme | |
Inglés | Cosmas | |
Italiano | Cosimo | |
Portugués | Cosme | |
Romanés | Cosma | |
Ruso | Kuzma |
Antes e despois de Cosmede
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]