Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Covadonga
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do topónimo asturiano Covadonga, á súa vez procedente quizais do latín *cova dominica 'cova do señor'.
Motivación
O santuario da Virxe de Covadonga (Asturias) ergueuse preto de Cangas de Onís, no lugar onde supostamente tivo lugar a batalla de Covadonga entre o 718 e o 722. Segundo a lenda, neste sitio, un desfiladeiro entre as montañas, un caudillo local chamado Pelagius (‘Paio’) derrotou coa axuda milagrosa da Virxe un exército musulmán invasor desprazado desde Al-Ándalus. Algúns autores consideraron esta acción bélica como o inicio da que se deu en chamar Reconquista, dando por sentado que o tal Paio intentaba restaurar o reino visigodo perdido na batalla do río Guadalete (711).
Esta visión hoxe está totalmente cuestionada, en primeiro lugar porque esa batalla non está documentada nin por cristiáns nin por musulmáns, e atribúese a súa invención aos cronistas da corte do rei ástur-galaico Afonso III por volta do ano 900, uns 200 anos despois. Coa pretensión de xustificaren a lexitimidade deste monarca, os cronistas rexios inventaron unha xenealoxía que o fai proceder dos visigodos. Iníciase así o que se deu en chamar “neogoticismo” da historiografía española: a suposta continuidade entre os reis godos e os ástur-galaicos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Covandonga |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Covadonga
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]