Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Crispín
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Crispinus, cognome romano derivado de Crispus 'de pelo crecho'.
Motivación
San Crispín e san Crispiniano (século III) son dous santos xemelgos lendarios do estilo de Cosmede e Damián ou Xervasio e Protasio. Son patróns dos zapateiros, pois parece ser que exercían ese oficio en Soissons (Francia).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Krispin | |
| Crispinus | ||
| Crispin | ||
| Catalán | Crespí | |
| Crispí | ||
| Español | Crispín | Crispina |
| Éuscaro | Krispin | Kispiñe |
| Krispin | ||
| Francés | Crépin | |
| Inglés | Crispin | |
| Italiano | Crispino | |
| Portugués | Crispim |
Antes e despois de Crispín
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




