Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cristina
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Cristina:
Véxase Cristián
Etimoloxía e historia
Nome cristián testemuñado xa no século IV; é unha derivación do nome de Cristo. Christinus é un par léxico de Christianus, se ben este funciona só como adxectivo e aquel só como nome persoal, que, nos primeiros séculos, era case como un segundo nome obrigatorio de todos os cristiáns, secreto por causa das persecucións. Só pasou a ser nome independente tras o edicto de Constantino grazas ao cal o cristianismo deixou de estar proscrito.
Motivación
Cristina de Bolsena (Italia) foi outra das mártires lendarias do século III, que, segundo a lenda, sufriu arrepiantes tormentos.
A raíña Cristina de Suecia (1632-1654) transformou o seu país nunha gran potencia europea e converteu a súa corte nunha verdadeira academia que atraeu sabios da época, como Descartes, Hugo Grocio e outros.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Christine | |
Bretón | Kristina | |
Kristell | ||
Catalán | Cristina | |
Español | Cristina | |
Éuscaro | Kristiñe | |
Kristina | ||
Kistiñe | ||
Francés | Christine | |
Inglés | Christine | |
Italiano | Cristina | |
Portugués | Cristina | |
Romanés | Cristina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Cristina
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]