Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cristovo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Cristovo:
Etimoloxía e historia
Nome cristián-romano, de orixe grega: Khristophóros 'portador de Cristo', 'o que leva a Cristo', composto de Khristós 'Cristo' e phereín 'portar', 'levar'.
Motivación
San Cristovo é un santo dos chamados extravagantes, eliminado do Calendario Romano tras a reforma litúrxica do Concilio Vaticano II (1965). Así e todo, consta como un dos máis antigos do culto hispánico (século VII) e a súa festa séguese celebrando con gran pompa, dado que é o patrón dos condutores.
A súa lenda procede do século XI: Cristovo era un mozo xigantesco que andaba buscando un señor poderoso a quen servir. Un día quixo axudar a un meniño a pasar un río pensando que era cousa doada, pero o neno pesaba tanto que houbo de afogar. Salvouno o propio neno, que non era outro que o neno Xesús. Exerce no cristianismo a función protectora do heroe mitolóxico grecolatino Heracles ou Hércules.
Chamáronse así
O navegante e descubridor Cristovo Colón (c. 1451-1506) foi o personaxe máis famoso con este nome; o seu lugar de nacemento segue a ser discutido, pois, ademáis de Xénova, desde hai máis dun cento de anos tamén se reivindica o berce galego, en San Salvador de Poio, na ría de Pontevedra.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Christoph | |
Catalán | Cristòfol | |
Español | Cristóbal | |
Éuscaro | Kostobaro | |
Kostobare | ||
Kristobare | ||
Kristobal | Kristobala | |
Francés | Christophe | |
Inglés | Christopher | |
Italiano | Cristoforo | |
Portugués | Cristóvão | |
Romanés | Cristofor | |
Ruso | Hristofor |
Antes e despois de Cristovo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]