Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dalila
feminino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
Nome bíblico do Antigo Testamento; procede do hebreo D'lilah, de discutida significación, aínda que hai quen propón 'pobreza' como a máis probable.
Motivación
Dalila, segundo a Biblia, era unha fermosa muller de quen se namorou Sansón, un dos xuíces hebreos, famoso pola súa forza. Os xefes filisteos subornárona para que traizoara o seu amante. Sabedora de que a forza de Sansón residía no cabelo, adormeceuno e cortoulle as sete guedellas da cabeza. Privado da súa forza, o heroe hebreo foi feito prisioneiro polos seus inimigos, pero acabou con eles cando lle volveu medrar o pelo.
A partir de 1968 o cantante galés Tom Jones puxo de moda a canción Delilah (Dalila). Na versión orixinal en inglés nárrase un crime machista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Delila(h) | |
Catalán | Delilah | |
Dalila | ||
Español | Dalila | |
Éuscaro | Dalila | |
Italiano | Dalila | |
Portugués | Dalila | |
Romanés | Dalila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Dalila
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]