Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Daniel, Daniela
Nome bíblico
Pronuncia
Daniel:
Daniela:
Etimoloxía e historia
Nome hebreo composto do substantivo dayâm 'xuíz' ou, mellor, do perfecto do verbo dan 'xulgar', e mais -el, forma abreviada de Elohim 'Iavé', 'Deus'. No primeiro caso significaría 'Deus é o meu xuíz'; no segundo 'Deus xulgou'.
Motivación
Na Biblia, Daniel é un dos catro grandes profetas maiores, xunto con Isaías, Xeremías e Ecequiel. No Libro de Daniel, compilación serodia, talvez feita no século II a. C., exhórtase os hebreos á resistencia fronte a outros pobos opresores. A cronoloxía do profeta é contraditoria, pois uns sitúano no século VI a. C. —en Babilonia, baixo Nabucodonosor— e outros no século II a. C.
No Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, o mestre Mateu representouno cun aspecto optimista, sorrindo: o arquetípico ‘sorriso de Daniel’, que mesmo deu nome a unha coñecida asociación galega de amigos do románico.
Chamáronse así
Foi o segundo nome de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1898-1950), que sería o máis usado pola familia e polos amigos.
O escritor inglés Daniel Defoe (1660-1731), autor da novela Robinson Crusoe.
Daniela Núñez Bachiller, nada en Valladolid en 1902, foi a primeira médica en exercer na Coruña.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Daniel | Daniela |
Bretón | Deniel | |
Catalán | Daniel | Daniela |
Español | Daniel | Daniela |
Éuscaro | Danel | Danele |
Daniel | Daniela | |
Francés | Danièle | |
Daniel | Danielle | |
Inglés | Danny (hip.) | |
Danielle | ||
Daniella | ||
Daniel | Daniela | |
Italiano | Daniele | Daniela |
Polaco | Danilo | |
Portugués | Daniel | Daniela |
Romanés | Dana | |
Daniel | Daniela | |
Ruso | Daniil | Daniila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]