Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Débora
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Débora:
Variantes
Femininas Déborah
Etimoloxía e historia
Do nome bíblico procedente do hebreo debōrah 'abella'.
Motivación
Nome bíblico dunha heroína que liberou o pobo hebreo do xugo dos cananeos, segundo o Libro dos Xuíces. Foi profetisa e xuíza de Israel. É o prototipo de muller forte e valorosa, e considérase que foi a autora dun canto a Iavé moi fermoso motivado pola vitoria sobre os cananeos.
Chamáronse así
A actriz de orixe escocesa Deborah Kerr (1921-2007) deulle popularidade a este nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Debora | |
Catalán | Débora | |
Español | Déborah | |
Débora | ||
Éuscaro | Debora | |
Francés | Débora | |
Inglés | Debra | |
Deborah | ||
Italiano | Debora | |
Portugués | Débora |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]