Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Delia, Delio
Nome mitolóxico
Pronuncia
Delia:
Delio:
Etimoloxía e historia
Do grego Délia e do latín Delia 'natural da illa de Delos', no mar Exeo, onde estivo un dos centros de comercio máis importantes do mundo antigo e un dos santuarios de Apolo.
Motivación
Nome de orixe clásica, mitolóxica e literaria, retomado no Renacemento italiano do epíteto de Artemisa ou Diana, a Delia dea que canta Horacio nas súas Odas, e de Apolo (Delios en grego e Delius en latín), por seren nacidos na illa de Delos, nas Cícladas.
Chamáronse así
Delio Rodríguez, ciclista ponteareán (1916-1994), o corredor con máis vitorias de etapa na Volta a España.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Dèlia | |
Español | Delio | Delia |
Inglés | Delia | |
Italiano | Delio | Delia |
Portugués | Délio | Délia |
Romanés | Delia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Delia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]