Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Demetrio
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Demetrio:
Etimoloxía e historia
Do grego Dēmḗtrios, latinizado en Demetrius, significa 'dedicado a Deméter', a deusa do Olimpo grego que presidía a agricultura, correspondente á Ceres romana. O nome da deusa, Dēmḗtēr en grego, foi interpretado como 'terra nai'.
Motivación
San Demetrio era un procónsul romano que foi martirizado en 306 en Tesalónica (Grecia) por facer proselitismo cristián. É patrón de Tesalónica e venérase en Constantinopla e en Rusia, onde varios príncipes levaron este nome.
No ámbito literario, Demetrio é un dos personaxes da comedia de William Shakespeare Soño dunha noite de San Xoán (1596), ambientada na antiga Atenas.
Chamáronse así
Os rusos Dmitri Ivánovich Mendeléiev (1834-1907), químico, e Dmitri Shostakovich (1906-1975), músico compositor.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Demetri | |
Español | Demetrio | Demetria |
Éuscaro | Demetrio | |
Demeter | Demetria | |
Francés | Démétrios | Démétrie |
Inglés | Demetrius | |
Italiano | Demetrio | |
Portugués | Demétrio | |
Romanés | Dumitru | |
Dimitrie | ||
Ruso | Dimitri |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Demetrio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]