Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Desiderio, Desideria
Nome cristián
Pronuncia
                            Desiderio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Nome augural cristián tomado do substantivo latino desiderium 'desexo', que expresa o desexo da divina salvación ou proclama que o nacemento dese fillo fora longamente desexado.
Motivación
Hai varios santos franceses con este nome, dous do século V: un bispo de Langres, que deu nome á cidade de Saint-Dizier, e outro arcebispo de Besançon. En Francia hai polo menos cinco comunas chamadas Saint-Didier.
Desiderio, duque de Istria (século VIII), foi o derradeiro rei dos lombardos.
Chamáronse así
O famoso filósofo Erasmo de Rotterdam (1469-1536), que en realidade se chamaba Geert Geerts, cambiou os seus nomes polos de Desiderius Erasmus van Rotterdam, latinizando o primeiro e grecizando o segundo.
Desiderio Pernas Martínez, arquitecto vigués (1930-1996).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Desiderius | |
| Catalán | Desideri | |
| Español | Desiderio | |
| Francés | Desirée | Desirée | 
| Didier | ||
| Inglés | Desiderius | |
| Italiano | Desiderio | |
| Portugués | Desidério | |
| Romanés | Dezideriu | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Desiderio
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




