Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Diamantino, Diamantina
Hipocorísticos
Másculinos Tino
Femininos Tina
Etimoloxía e historia
Do grego adámas, adámantos 'aceiro, diamante', da mesma raíz que damân 'domear, vencer', co senso, polo tanto, de 'indomable, duro'. Chegou a nós a través do latín vulgar diamas, diamantis.
Motivación
Trátase dun nome que quere expresar unha calidade positiva para a persoa a quen se lle impón, neste caso a calidade dun mineral precioso como o diamante. É, xa que logo, un nome que está na liña doutros como Perfecto, Preciosa, Xema, Coral, Arxentina etc.
Chamáronse así
Diamantina Rodríguez (1920-2021), cantante de tonadas, Medalla de Asturias en 2002.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Español | Diamantino | Adamantina | 
| Italiano | Diamante | Diamantina | 
| Portugués | Diamantino | 
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




