Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dina, Dino
Nome bíblico
Pronuncia
Dina:
Etimoloxía e historia
Nome bíblico de significación e orixe pouco claras. Pode estar en relación coa raíz grega *dyn- de onde procede dýnamis, 'forza', ou co hebreo din 'xulgar', e de aí, 'xuízo'. Pero semella máis probable ver nel o hipocorístico de nomes femininos rematados en -dina como Blandina ou Claudina, ou mesmo que sexa variante de Digna. Aínda que menos frecuente, tamén se documenta a forma masculina Dino, que tamén pode ser hipocorístico de nomes como Bernardino.
Motivación
Segundo a Biblia, Dina era filla de Xacob e de Lea. Era unha rapaza nova cando a viu Xequem, fillo do hivita Hamor, que a raptou e violou, pero despois namorouse dela e díxolle ao seu pai que falase con Xacob para concertar o casamento. Hamor e Xacob falaron amigablemente e acordaron mesturar as súas familias. Os varóns xequemitas mesmo aceptaron circuncidarse, pero resulta que Simeón e Leví, fillos de Xacob e irmáns de Dina, mataron coas súas espadas todos os homes xequemitas e logo roubáronlles os bens, nenos e mulleres. Xacob reprendeunos duramente por “facerme noxento para os habitantes desta terra”.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Dina | |
Dinah | ||
Catalán | Dinna | |
Dina | ||
Español | Dino | Dina |
Inglés | Dinah | |
Italiano | Dino | Dina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]