Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Diomedes
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
É un nome grego, composto do nome do deus Zeús, xenitivo Diós e mais mēdesthai ‘coidar’, ‘protexer’, por tanto ‘protexido por Zeus’.
Motivación
Diomedes foi un heroe mitolóxico grego que participou na conquista de Troia; bravo loitador e arteiro orador, aparece nos relatos como compañeiro de Ulises nas delicadas misións que a este se lle encomendaran.
Na versión galega da Crónica troiana (século XIV) protagonizou un famoso trío: a troiana Bresaida, filla do agoireiro Colcas e namorada de Troilo, é enviada ao campamento grego nun intercambio de prisioneiros; alí o seu corazón vai virando e namora de Diomedes.
Outro Diomedes mitolóxico foi rei de Tracia, fillo de Ares e Pirene, que tiña por costume devorar os estranxeiros que invadían o seu país. Foi vencido por Heracles.
San Diomedes foi médico en Nicea e sufriu martirio en Tarso (Cilicia) no ano 304.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Diomedes | |
Español | Diomedes | |
Éuscaro | Diomedes | |
Portugués | Diomedes | |
Romanés | Diomid |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]