Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
David
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
David:
Variantes
Masculinas Davide
Etimoloxía e historia
Do hebreo Dawidh, que uns interpretan como 'amado' e outros relacionan co antigo asirio dâwidum 'comandante (das tropas reais)'.
Motivación
Era o nome do segundo rei hebreo (c. 1015-c. 975 a. C.). David entrou na corte de Saúl, o primeiro monarca, moi novo, como concertista de arpa. A súa fazaña mítica de matar dunha pedrada coa súa fonda o xigante filisteo Goliath deulle gran sona e non tardou en suceder a Saúl no trono.
É un personaxe central do xudaísmo e tamén do cristianismo, debido a que se cre que Cristo era da súa liñaxe. O feito de ser considerado —xunto co seu fillo Salomón— un dos grandes reis dos hebreos non impediu que os profetas o reprendesen severamente polos seus pecados, sobre todo o de adulterio. A tradición outórgalle a autoría dos Salmos da Biblia. É patrón dos músicos e dos poetas.
San David de Menevia (séculos V-VI), é o patrón do País de Gales, nación británica. Foi bispo e abade, fundador de mosteiros en Gales e Cornualla. É un santo venerado polas igrexas católica e anglicana. A súa catedral, situada na pequena cidade galesa de St Davids, é a máis grande do País de Gales; no seu interior atópase a tumba de Edmund Tudor, pai do rei inglés Henrique VII e avó do VIII. San David —Dewi Sant en galés— foi canonizado en 1123 polo papa Calisto II, que determinou nun decreto que dúas peregrinacións á catedral deste santo valían por unha a Roma, privilexio só compartido por Santiago de Compostela.
No contraforte esquerdo da fachada das Praterías da catedral de Santiago represéntase o rei David sentado no seu trono coas pernas cruzadas e tocando unha viola; trátase dunha destacada obra do estilo románico do século XII.
A figura do David bíblico inspirou numerosas obras de escritores como Voltaire, Vittorio Alfieri e André Gide; de músicos como Händel, Mozart, Milhaud e Honegger; de escultores como Verrochio e Michelangelo, e tamén pictóricas.
No contraforte esquerdo da fachada das Praterías da catedral de Santiago represéntase o rei David sentado no seu trono coas pernas cruzadas e tocando unha viola; trátase dunha destacada obra do estilo románico do século XII.
Chamáronse así
O filósofo e economista escocés David Hume (século XVIII); o pintor mexicano David Alfaro Siqueiros (1896-1974); os cineastas David W. Griffith (1875-1930), americano, e David Lean (1908-1991), inglés; o irlandés David Trimble, Premio Nobel da Paz de 1998.
David Fernández Diéguez, matemático coruñés (1875-1936). Foi secretario da Real Academia Galega entre 1926 e 1936, e presidiuna durante uns meses antes do seu falecemento.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | David | |
Bretón | Dewi | |
Divi | ||
Devi | ||
David | ||
Catalán | David | |
Español | David | |
Éuscaro | Dabid | |
Dabi | ||
Francés | David | |
Inglés | Dave (hip.) | |
David | ||
Italiano | Davide | |
Portugués | Davide | |
David | ||
Romanés | David |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]