Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dalmacio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome étnico latino Dalmatius 'dálmata, oriundo da Dalmacia', rexión do Adriático oriental de orixe ilírica; nome que posiblemente significase 'país das ovellas'.
Motivación
San Dalmacio (século IV), oficial da garda de palacio do emperador Teodosio o Grande, foi bispo de Pavía (Italia) e morreu martirizado baixo o imperio de Maximiano.
Beato Dalmacio (Dalmau) Moner (século XIV), natural de Santa Coloma de Farners (Cataluña), foi frade dominicano famoso como predicador.
Dalmacio foi un bispo de Iria Flavia a finais do século XI.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Dalmaci | |
Dalmau | ||
Español | Dalmacio | |
Italiano | Dalmazio | |
Portugués | Dalmácio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]