Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dámaso
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Dámaso:
Etimoloxía e historia
Do grego Dámasos, nome dun heroe da Ilíada de Homero. Da raíz do verbo damân 'dominar'.
Motivación
San Dámaso (306-384) foi papa do 366 ao 384, talvez orixinario da Gallaecia bracarense; sería, polo tanto, o único papa galaico da historia: Castelao inclúeo na cabeceira da súa Alba de Gloria (1948), unha Santa Compaña de inmortais personaxes galegos, encabezada por Prisciliano, na cal o papa aparece ao lado do emperador Teodosio o Grande. Cóntase que este papa tivo gran sensibilidade artística e literaria, pero tamén que se comportara con crueldade contra os herexes; seica tanto el como o emperador Máximo, tamén posiblemente galaico, conspiraron para que o seu paisano Prisciliano fose decapitado en Tréveris. Apoiou a san Xerome na tradución da Biblia ao latín (a Vulgata).
Chamáronse así
Dámaso Alonso (1898-1990), escritor e filólogo natural de Castropol (Asturias), presidente da Real Academia Española de 1968 a 1982, académico de honra da RAG, e primeiro filólogo en clasificar a fala do Eo-Navia do occidente de Asturias como galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Damasus | |
Catalán | Damas | |
Español | Dámaso | |
Éuscaro | Damaso | |
Francés | Damase | |
Italiano | Damaso | |
Portugués | Dâmaso |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]