Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Dagoberto
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
De orixe xermánica, composto polos elementos góticos dags ‘día’ e bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’.
Motivación
Foi un nome de prestixio entre os francos, que tiveron tres reis con este nome nos séculos VII-VIII. Un deles foi o beato Dagoberto II o Mozo, asasinado en 679. O seu avó Dagoberto I considérase fundador da abadía de San Denís de París.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Dagobert | |
| Catalán | Dagobert | |
| Español | Dagoberto | |
| Francés | Dagobert | |
| Inglés | Dagobert | |
| Italiano | Dagoberto | |
| Portugués | Dagoberto |
Antes e despois de Dagoberto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




