Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Cruz
epiceno
Nome cristián
Pronuncia
Cruz:
Etimoloxía e historia
Nome evocador da morte de Cristo na cruz (do latín crux, crucis).
O nome procede da santificación da cruz ou madeiro sobre o que foi axustizado Cristo.
Motivación
No mundo romano, a cruz era un instrumento de axustizamento público onde se levaban a cabo as execucións máis crueis. No cristianismo o culto á Vera Cruz (á ‘verdadeira’ cruz) ten a súa orixe na invención (‘descubrimento’) de santa Helena (século IV), nai do emperador Constantino, que peregrinara a Palestina e que, guiada por un ancián xudeu chamado Ciríaco, atopou o lugar preciso onde estaban enterradas as tres cruces do Gólgota (monte Calvario). Desde aquela os fragmentos da cruz de Cristo convertéronse nunha das reliquias máis apreciadas por catedrais, igrexas e santuarios.
Chamáronse así
O veterinario e enxeñeiro agrónomo vasco Cruz Gallástegui Unamuno (1891-1960). Instalado en Galicia a partir de 1921, foi pioneiro en Europa en experimentar cos híbridos do millo e impulsor da modernización da agricultura galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Cruz | Cruz |
Éuscaro | Guruzne | |
Gurutze | ||
Portugués | Cruz | Cruz |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Cruz
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]