Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Damián
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Damián:
Véxase Cosmede
Etimoloxía e historia
Do latín Damianus, de orixe discutida. Para uns deriva de Damia, nome da Bona Dea ‘a boa deusa’, unha deidade romana de procedencia oriental, cun nome secreto que non se debía pronunciar nunca e que estaba asociada á fertilidade e á curación. Para outros, dado que o culto dos santos Cosme e Damián é de procendencia oriental, a orixe hai que buscala en Oriente ben na deusa Damía ben no elemento damas 'domar / domador', de onde tamén vén Dámaso.
Motivación
San Damián e san Cosmede, irmáns xemelgos, foron uns santos sirios que exerceron gratuitamente a medicina. Morreron mártires en 303 (baixo Diocleciano) e son dos santos máis antigos do culto hispánico (século VII). Exercen o padroeiro dos médicos.
Chamáronse así
Damián Cornejo (1629-1707), bispo de Ourense e escritor.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Damianus | |
Catalán | Damià | |
Español | Damián | |
Éuscaro | Damian | |
Damen | ||
Francés | Damien | |
Inglés | Damian | |
Italiano | Damiano | |
Portugués | Damião | |
Romanés | Demian | |
Damian | ||
Ruso | Demian | Demiana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]