Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Crisanto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Crisanto:
Etimoloxía e historia
Do grego Khrýsanthos 'flor dourada (crisantemo)'.
Motivación
Segundo a Lenda dourada (Legenda aurea ou Flos sanctorum, en latín) —recompilación de vidas de santos e santas realizada polo dominico italiano Jacopo della Voragine a finais do século XIII—, os esposos san Crisanto e santa Daría foron mártires do século III. El era fillo dun senador romano e convertera a Daría, virxe vestal, ao cristianismo. Os dous comprometéranse a practicar a castidade dentro do matrimonio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Crisant | |
Español | Crisanto | |
Portugués | Crisanto | |
Romanés | Crisant |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Crisanto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]