Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Covade
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Cucufate
Etimoloxía e historia
De Cucuphate, nome dun santo africano do século III martirizado cerca de Barcelona. De orixe escura, quizais derivado do latín tardío Cucufa 'capucha', 'que leva capucha, encapuchado'. Sarmiento dicía que Covade era forma usual en Samos.
Motivación
San Covade é un dos santos máis antigos no culto hispánico (século IX). Parece ser que era africano e que foi martirizado preto de Barcelona.
Por outra parte, cóntase tamén que o arcebispo Xelmírez (século XII) trouxo os ósos de san Covade de Braga para Compostela na mesma viaxe do chamado “pío latrocinio”, en que roubou os restos de santa Susana, san Silvestre e san Froitoso.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Cugat | |
Español | Cucufate | |
Portugués | Cucufate | |
Covado |
Antes e despois de Covade
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]