Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Castor
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Castor:
Etimoloxía e historia
Nome mitolóxico, fillo de Leda e Zeus. Vén do grego Kástōr, e este quizais do hebreo onde significa 'almiscre'. Actualmente conviven en galego as formas Castor e Cástor; a primeira é a máis aceptada.
Motivación
Na mitoloxía grega Castor e Pólux eran os Dióscuros (‘fillos de Zeus’), heroes xemelgos fillos de Leda e irmáns de Helena [de Troia] e de Clitemnestra. A versión máis difundida é que Zeus se metamorfoseara en cisne e seducira a Leda, e que os xemelgos saíron de dous ovos que esta puxo. Castor fíxose famoso como domador de cabalos e Pólux na loita corpo a corpo. Xuntos acompañaron a Xasón na expedición dos argonautas na procura do vélaro de ouro. Como parella de xemelgos inseparables recibiron culto en Roma, e a súa historia asociouse á de Rómulo e Remo e, xa no cristianismo, a santos irmáns e xemelgos como Cosmede e Damián.
San Castor de Karden evanxelizou a rexión alemá do río Mosela no século IV; é patrón da cidade de Coblenza
Chamáronse así
Castor Elices (1847-1886), médico militar e escritor de Celanova, mencionado por Curros Enríquez na obra O divino sainete.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kastor | |
Castor | ||
Catalán | Càstor | |
Español | Cástor | |
Castor | ||
Éuscaro | Kastor | |
Francés | Castor | |
Portugués | Castor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Castor
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]