Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Catuxa
feminino
Hipocorístico
Pronuncia
Catuxa:
Véxase Catarina
Etimoloxía e historia
Este nome que, ata hai pouco, era forma hipocorística de Catarina adquiriu recentemente a condición de nome formal.
Motivación
A Tía Catuxa foi un periódico galego escrito en lingua galega, que se publicou en Pontevedra entre 1889 e 1891. Subtitulábase Semanario galego de intereses e literatura rexionales.
Gregorio Baudot transformou este nome en Cantuxa para titular unha ópera da súa autoría (1928).
Chamáronse así
Catuxa Sánchez (+1714) foi actriz e cantante. Naceu en Santiago e actuou maiormente en Portugal (O Porto, Lisboa, Setúbal), en Valencia, Toledo e Madrid, onde morreu.
Antes e despois de Catuxa
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]