Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ceferino, Ceferina
Nome cristián
Pronuncia
Ceferino:
Ceferina:
Etimoloxía e historia
Derivado do nome latino Zephyrinus 'relativo ao céfiro (vento do poñente)'. O Céfiro era unha divindade que personificaba o vento; os antigos relacionábano co xurdir da vida e coa primavera, cando a natureza rexorde.
Motivación
San Ceferino (séculos II-III) foi un papa que exerceu o seu pontificado durante 18 anos e 18 días, e que consagrou 13 bispos, 13 presbíteros e 7 diáconos (tradicionais simboloxías numéricas do mundo antigo). Foi quen estableceu a obriga de comungar pola Pascua.
Chamáronse así
Ceferino Díaz Díaz (1948-2012), político e profesor galego.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zephirin | |
Catalán | Ceferí | |
Español | Ceferino | |
Éuscaro | Keperin | Keperiñe |
Zeferino | ||
Francés | Zéphyrin | |
Italiano | Zefirino | |
Portugués | Ceferino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Ceferino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]