Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Celestino, Celestina
Nome cristián
Pronuncia
Celestino:
Celestina:
Véxase Celeste
Hipocorísticos
Másculinos Cilistro, Nuco
Femininos Cilistra
Etimoloxía e historia
Do latín Caelestinus (diminutivo de Caelestis, de onde vén o nome Celeste), documentado como nome de persoa xa no século III.
Motivación
San Celestino I foi elixido papa no ano 422. Durante o seu pontificado condenáronse as doutrinas de Nestorio.
O nome feminino popularizouse na Península Ibérica pola personaxe da Celestina, símbolo das alcaiotas, da Tragicomedia de Calisto y Melibea (1499), obra en castelán atribuída a Fernando de Rojas.
Chamáronse así
O filósofo e escritor galego Celestino Fernández de la Vega (1914-1988), autor da obra O segredo do humor (1963) e tradutor, do alemán ao galego, en colaboración con Ramón Piñeiro, da conferencia Da esencia da verdade do filósofo Martin Heidegger, en 1950, feito que ocasionou a reacción represiva dun ministro franquista, que ordenou suspender a publicación da revista Grial, da editorial Galaxia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Coelestin | |
Catalán | Celestí | Celestina |
Español | Celestino | Celestina |
Éuscaro | Zelestino | |
Francés | Célestin | |
Inglés | Celestine | |
Italiano | Celestino | Celestina |
Portugués | Celestino | Celestina |
Romanés | Celestin |
Antes e despois de Celestino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]